A Semana da Biblioteca enche de maxia Vimianzo

O Concello de Vimianzo presenta a programación da Semana da Biblioteca 2022 para conmemorar o Día das Bibliotecas que se celebra o día 24 de outubro.

A rapazada dos Centros Educativos de Vimianzo son os destinatarios desta programación de animación á lectura financiada por Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

O Mago Paco preséntanos o martes 19 de outubro unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.

O venres 21 con “Hocus Pocus” que fai de cada xogo un momento diferente, nos que a rapazada é a protagonista creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.

O Mago Teto o xoves 20 outubro coa conferencia-espectáculo “4500 anos da incrible historia da maxia” pretende espertar na rapazada o interese pola arte da maxia e achegalos/as á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo.