Un taller e unha empresa láctea: dúas novas empresas para o Polígono de Vimianzo

Imaxe da inauguracion do Monolito hai uns meses

Segue medrando o polígono de Vimianzo e a tendencia segue a ser positiva. Esta semana a empresa semipública Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) formaluzou dúas novas transaccións de solo empresarial.

Por unha banda, Sergio Martínez Pasante foi adxudicado da parcela G2, de 684 metros cadrados, en virtude dun acordo de dereito de superficie. A empresa, dedicada á reparación e venda de vehículos, reforzará así as súas operacións coa súa presenza no parque empresarial.

Por outra banda, a Comunidade de Propiedade Celestino Veiga Amigo e Outros adquiriu a parcela I12, de 1.235 metros cadrados, para o desenvolvemento dun negocio relacionado co sector lácteo.

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, destacou a evolución positiva do parque empresarial de Vimianzo e sinalou que "se prevé que o parque industrial continúe a súa tendencia ascendente nas vindeiras reunións do consello de administración", referíndose ao interese empresarial que este espazo está a xerar e ás perspectivas de novas transaccións a curto prazo.