Tres feridos ao estoupar unha bomba de palenque en Zas

Tres persoas resultaron feridas de carácter leve este mediodía ao estoupar unha bomba de palenque. Os feitos tiveron lugar sobre as 14:15 horas na ermida de Rial de Arriba, na parroquia de Meanos (Zas). Ao parecer, a bomba impactou nas vítimas que participaban nos oficios relixiosos.

Os feridos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña - CHUAC - con feridas de diversa consideración, tales como lesións nunha rodilla ou molestias nos tímpanos a causa do estoupido. Os equipos de emerxencias puxeron os feitos en coñecementoda Garda Civil que investiga as causas da explosión.

Despois do accidente, a comisión de festas suspendeu a actuación dun dúo que amenizaría a sesión vermú.

Saída de vía en Vimianzo Os bombeiros de Cee liberaron esta mañá unha muller que quedou atrapado no interior do seu vehículo despois de saírse da vía. O accidente tivo lugar sobre as 9 horas desta mañá no cruce de Camariñas situado na rúa da Torre de Vimianzo. Para rescatar á vítima, os bombeiros tiveron que desmotar parte do coche. A muller foi atendida nunha ambulancia. Ata o lugar do accidente desprazáronse os Bombeiros de Cee, un equipo de urxencias médicas e membros da Garda Civil de Tráfico. Novas relacionadas

Accidentes 2017

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepanacosta.com)
  • 112