Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira

Os bombeiros de Cee extinguiron un lume que se iniciou nunhas cuadras de madeira que antigamente se utilizaban para o almacenaxe de herba seca. Segundo explicaron os bombeiros e axentes da Garda Civil desprazados ata o lugar, trátase dunha explotación dunhas 170 vacas que no momento de producirse o lume -na cuadra afectada- só había unhas 40 reses que, afortunadamente, os donos lograron poñelas a salvo.

Ao redor das 22:30 horas deste luns, un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda que, de inmediato, alertou aos efectivos do parque comarcal, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Vimianzo. Dende o 112 Galicia tamén se informou ao servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Ata o momento, descoñécense as causas que orixinaron o incendio que tivo lugar na parroquia de Salto, do concello coruñés de Vimianzo.

Novas relacionads

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).