Valentín Alvite presenta en Vimianzo "Relatos para sorrir"

Valentín Alvite presenta mañá, ás 2o horas na Casa da Cultura de Vimianzo, o seu libro "Relatos para sorrir". O autor vimiancés pretende coa súa publicación facer rir aos lectores; un dos actos humanos máis saudables e pracenteiros. Para iso Valentín Alvite escribiu unha serie de textos que son o resultado dunha fusión entre o relato literario e a banda deseñada ou cómic. A caricaturización, unha das características do cómic, está presente en moitos dos personaxes. Así, por exemplo, no relato O refresco, o taberneiro Pepe mostra unha hiperbólica paixón polo traballo. Nunha reaccion pendular, o seu fillo Duarte amosa unha exacerbada devoción pola preguiza. A sátira de determinadas condutas humanas, como a febre do culto ao corpo e a eclosión dos centros de cirurxía estética, aparece en historias como a titulada A clínica. Finalmente, en Brais Olveira e O premio, ao compoñente humorístico, engádeselle un novo ingrediente para facer atraente a lectura: a intriga detectivesca. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo