A vimiancesa Lara Romero Carrera recibe un dos premios do certame de poesía “Lingua de Namorar”
- O Concurso de Poesía Eduardo Pondal quedou na Coruña.
Xa ten recibido outros premios como o do concurso de Pensa en Positivo da Deputación da Coruña. Pero agora, a vimiancesa Lara Romero Carrera vén de acadar o terceiro premio da súa categoría na 15ª edición de Lingua de Namorar, o certame convocado anualmente pola Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Xuventude cos obxectivos de dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías e incrementar a percepción do galego como unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión.
A vimiancesa levou o terceiro premio na categoría B, para o tramo de idade de 20 a 35, pola obra “Horizontes na pel da noite”.
Na súa categoría quedaron por diante da vimiancesa Paula Bonifasi Rodríguez, de Vigo, con “Lela”; seguida de Jessica Ortigueira Iglesias, de Mos, por “Amor velado”.
Ademais, na categoría A, para as persoas de 14 a 19 anos, resultou gañadora Ana Jorquera Domínguez, de Santiago de Compostela, pola “mensaxe Amor de-lirio”; seguida de Lía Bernárdez Santiso, de Mondariz, co escrito “Namorar?”, e a viguesa Elena García González coa obra “G-A-L-E-G-O”.
O Concurso de Poesía Eduardo Pondal recala na Coruña
En paralelo, o VIII Premio de Poesía Eduardo Pondal, convocado pola Editorial Medulia (da cormelá Diana Varela Puñal) recaeu Begoña Graña Suárez, coa súa obra “Xuíz para sandar”.
Tendes máis a información no XornaldaCoruña.