Vimianzo abre a app Linha Verde para conectarse cos veciños

Moi interesante a proposta do Concello de Vimianzo coa apertura da Linha Verde. Unha app que todos os veciños poden descargar nos seus smartphones para avisar ao concello de calquera problema. Que se a farola do lugar está apagada, que se hai un barco estropeado no parque, xa podes avisar a través desta app ás xentes do Concello.

Unha iniciativa, esta das apps, que está medrando, unha vez que xa temos descargada a APP de Santa Comba.

Nova Exposición

Ademais, este venres as 20:30h na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura terá lugar a inauguración da exposición de escultura “O COMEZO” de Javier Lavandeira.

Máis información

Fonte