Vimianzo acolle unha charla informativa sobre a LOMCE

Este xoves, 26 de maio, a casa da Cultura de Vimianzo acolle ás 19 horas unha charla informativa organizada polo PSOE de Vimianzo. Baixo o título "As mentiras da Lomce" Antonio Álvarez Cisneros - mestre de primaria e secretario provincial de Educación do PSdeG-PSOE da Coruña - e Paula Mouzo - portavoz do PSdeG en Vimianzo - explicarán a situación actual da LOMCE e da Reválida e atenderán as preguntas que o público asistente quera formular. Tamén a Federación de ANPAS da Costa da Morte e as ANPAS Galegas están estes días a informar estes días sobre os exames da Reválida aos que se someterán hoxe e mañá os alumnos de 3º de primaria. Novas relacionadas

Novas relacionadas sobre a Reválida

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • PSdeG Vimianzo