Vimianzo celebrou o Día d@ Nen@
09 de agosto de 2022 (08:23 h.)
No marco das Grandes Festas, onte, luns 8 de agosto, Vimianzo celebrou unha xornada moi especial adicada a todas as rapazas e rapaces do municipio: 'O día do nen@' na praza do Concello.
Con hora de comezo ás 16:30 horas, á disposición das crianzas houbo obradoiros de títeres, tatuaxes, globloflexia e unha festa da escuma coa actuación de DJ Rokiño.