Vimianzo convoca a primeira edición do concurso de fotografía ‘Luz na Soidade’

 

 Concello de Vimianzo, a través da concellería de Benestar Social, Igualdade, Ensino e Mocidade, convoca a primeira edición do concurso de fotografía ‘Luz na Soidade’, unha iniciativa enmarcada no proxecto municipal ‘Conectando Corazóns’.

O certame, financiado coa colaboración de Xeal, nace coa finalidade de sensibilizar e visibilizar a problemática da soidade non desexada e o illamento social, convidando á cidadanía a expresar, a través da súa ollada creativa, a importancia das redes de apoio comunitario e dos vínculos humanos.

A participación é gratuíta e está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen. As fotografías deberán abordar, de maneira artística, simbólica ou documental, a temática da soidade non desexada e/ou o valor das relacións sociais que contribúen ao benestar emocional. Cada participante poderá presentar unha fotografía