Vimianzo crea unha nova guía de búsqueda de emprego pola rede

Seguen nacendo iniciativas de búsqueda de emprego. Xa coñecimos, e estreitaremos lazos, coa proposta Traballar e formarse na Costa da Morte, e hoxe imos ata Vimianzo a vedr a súa última guía.

En relación co Plan Integrado de Emprego “Todo por un Emprego 2010/2011” as Titoras de Inserción e Formación do Concello de Vimianzo, Lucía Santos Lago e Marta Pereira Bello, elaboraron unha “Guía para a Busca Activa de Emprego”, na que se recollen diferentes recursos do Concello que poden axudar aos desempregados á busca de traballo, así mesmo tamén inclúe orientacións en canto elaboración de currículum e carta de presentación; dereitos e deberes dos traballadores; tipos de contratos; etc.

Unha Guía útil que segue a liña das accións que se levan desenvolvendo ao longo do citado Plan, esta guía poderase atoparse en formato pdf en www.vimianzo.es no menú principal na sección de Emprego e Desenvolvemento Local e dentro desta en Ferramentas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Servizo de Emprego de Vimianzo.