Vimianzo goza do seu cei ceibe

O Concello de Vimianzo apagou esta fin de semana as súas luces públicas para gozar desde o Castro das Barreiras dun magnífico ceo libre de contaminación lumínica. A guía do monitor de Starlight, Marcos López, e a colaboración da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, fixeron desta unha experiencia única.

Os achegados puideron participar dunha charla-coloquio 'Paseo polas estrelas' no Castro das Barreiras dentro da actividade de astroturismo organizada polo concello e pola entidade científica da Costa da Morte. Sobre as 22.00 horas do venres apagáronse as luces no Concello para que os vimianceses puidesen admirar as estrelas, unha iniciativa que tenta concienciar sobre a necesidade de protexer o medio ambiente e combate o cambio climático ao promover a redución do consumo enerxético, amosando un
compromiso global coa sostibilidade. Tamén tivo lugar a 'Exposición de astrofotografía, Edición 2025' na sala de exposicións Antón Mouzo, antes da charla- coloquio 'Paseo polas estrelas' no Castro das Barreiras.