Vimianzo inicia unha campaña de recollida de material para os refuxiados sirios

Nos últimos días, varios concellos e asociacións da Costa da Morte están a coordinar a recollida de material para enviar aos campos de refuxiados. Precisamente esta semana, partiron tres toneladas de mercadoría doadas polos veciños e veciñas dos concellos de Coristanco e Mazaricos. Os últimos en sumarse a esta campaña, en colaboración coa ONG Alhambra Internacional, son un grupo de veciños e veciñas de Vimianzo que recollerán a próxima semana - do 18 ao 22 de abril - todo tipo de material que sexa de utilidade para os refuxiados sirios, tales como roupa de inverno, sacos de durmir, tendas de campaña, productos de hixiene e alimentación infantil, alimentos en conserva, material de ortopedia, e outros productos para a hixiene e o coidado persoal como compresas, protectores solares, papel hixiénico, máquinas de afeitar, pastas e cepillos de dentes,... O centro loxístico de recollida de material estará situado na casa da Cultura de Vimianzo, onde poderán realizarse as doazóns os días 18, 19, 20, 21 e 22 de abril de 9:00 a 14:30 e de 16 a 20 horas e o sábado 23 de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 horas. O material doado deberá entregarse debidamente embalado nunha caixa de cartón.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Vimianzo