Vimianzo, onde comeza a campaña de roza das estradas, amplía da rúa Gándara de Osa

Estado da estrada de Gándara de Osa

Outro proxecto de renovación do pavimento en Vimianzo. Desta volta, trátase da mellora e ampliación da rúa Gándara de Osa. Actuarase entre a estrada AC-552 e o cruce cara Sansobre, dotando a esta vía dun novo firme, ensanchándoo de xeito que quede composto por dous carrís de circulación con zona de aparcamento e beiravía peonil nunha das marxes e nun dos tramos, así como das instalacións de evacuacións de pluviais, así como a instalación e colocación dunha nova rede de alumeado público.
Tamén se formula o soterramento do cableado en dous dos tramos da actuación, así como a construción dunha beiravía peonil no segundo tramo da actuación, a partires do primeiro cruce. Realizarase o recrecido de arquetas e bocas dos outros servizos existentes.

Campaña de roza

Paralelemante, a Xunta comeza esta semana os traballos de roza e limpeza na estrada AC-432 ao seu paso polo concello vimiancés. Unha roza para previr incendios e reforzar a seguridade viaria, retiradando especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.