Vimianzo propón, un ano máis, 5 meses de domingos culturais
No Concello de Vimianzo apostan polos programas culturais continuos, un seguro para encher os auditorios. Así, os vindeiros 5 meses, de febreiro a xuño, os domingos volverán a ter o seu foco cultural na Casa da Cultura Vimiancesa.
Coma sempre, a aposta vai por meses. Arrincaremos en febreiro co "Mes do Teatro", e contaremos con grandes do panorama galego como Mofa e Befa ou Malasombra Teatro.
En marzo toca o "Mes das Contadas", para escoitar os monólogos e contos dos Paula Carballeira ou Cándido Pazó, entre outros.
Abril será "O Mes da República da Liberdade", onde as obras de teatro, danza e música levan un denominador común moi político.
Xa maio será, como non, O "Mes das Letras, no que teremos teatro, música local, e a gala presentación do Asalto 2014.
E para rematar este programa case semestral, nova aposta pola cultura da casa, "O Mes do noso" fará, un ano máis, protagonistas aos artistas vimianceses, coas actuacións das escolas de teatro e de danza locais.
Máis información
Tendes todas as citas debulladas en www.axendacostadamorte.com.