Vimianzo recada uns 5.000€ na cuarta edición da Gala Solidaria

gala-solidaria-vimianzo-2016 Máis de 400 persoas asistiron o pasado domingo á cuarta edición da Gala Solidaria, organizada polo concello de Vimianzo en colaboración con Cáritas e coa Cruz Vermella. Durante o acto, que tivo lugar no auditorio da casa da Cultura de Vimianzo, os asistentes gozaron coas actuacións da charanga Escándalo, Alejandro Castro, Suso Fuentes, Suso de Andrea, Irma Macías, Jaime Lema, Rosa Oreiro e teatro du Cherinkas, nunha gala conducida polo xornalista vimiancés Xabier R. Blanco. A recadación das entradas, de venda das rifas e distintos donativos rondou os 5000€ que se repartirán entre Cáritas e a Cruz Vermella para que os destinen aos fins das súas respectivas asociacións. Tamén houbo unha recollida de alimentos que superaron os 700 quilos e que serán repartidos polas asociacións entre as persoas que o precisen. No transcurso da gala sorteáronse 103 agasallos que foron doados polos comercios de Vimianzo. Fonte Redacción QPC (info@quepasanacosta.com) Concello de Vimianzo