A familia de Andrés García Ferreiro doou os 70 tomos da Enciclopedia Universal Ilustrada
O concello de Vimianzo conta cunha nova adquisición. Desde esta semana acoller unha boa parte da biblioteca persoal de Andrés García Ferreiro - secretario municipal no ano 1936 -. Esta non é a primeira doazón que recibe o goberno vimiancés, xa que no 2014, Manuel Rivas cedeu un millar de libros á biblioteca municipal.
García Ferreiro instruiu nese mesmo ano o expediente de expropiación do Castelo de Vimianzo, ao abeiro da legalidade vixente, para dedicalo a Casa do Concello. A raíz do gope de estado e da posterior Guerra Civil foi relevado do seu cargo, xulgado nun xuízo sumarísimo e excutado o 15 de marzo de 1938. No ano 2010 o Ministerio de Xustiza emitiu unha declaración de reparación e recoñecemento da súa figura.
O seu neto - Andrés García Trillo - vén de doar ao concello de Vimianzo a biblioteca persoal de seu avó, composta polos 70 tomos da Enciclopedia Universal Ilustrada da editorial Espasa-Calpe e varios libros de lexislación. A Enciclopedia Universal Ilustrada era o maior compendio de saber da época e contiña información sobre os coñecementos e avances científicos e tecnolóxicos, historia, biografías, información xeográfica, das artes e da literatura de España e Hipanoamérica.
O alcalde vimiancés - Manuel Antelo - cualifica esta doazón como de enorme importancia, tanto polo seu valor material como polo seu valor simbólico. "Esta doazón implica profundizar no recoñecemento dunha persoa de enorme valía que foi asasinada polas súas ideas políticas", sinala o rexedor.
Novas relacionadas