Vimianzo recibirá este sábado a 600 palilleiras de toda Galicia na nova Xuntanza “As Nemanquiñas”

Imaxe dun encontro de palilleiras en 2021

A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza a 18ª palillada no Pavillón de Vimianzo o sábado 8 de novembro de 2025. O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas coa finalidade de promover a nosa artesanía o encaixe. Nesta xuntanza ó mesmo tempo que se exhiben os nosos traballos tamén intercambiaremos experiencias e ideas as /os participantes.

A cita comezará ás 12.00 horas da mañá do sábado día 8 de novembro de 2025 no Pavillón Deportivo do Concello de Vimianzo.

Chegarán máis de 600 palilleiras chegadas dende Oleiros, Arteixo, Caldas de Reis, Sarria, A Coruña, Ponteareas, Vigo, Baixo Miño, Tui, Mos, Noia, Padrón, Cambados, Porto Novo, Monforte, O Porriño, Betanzos, Cedeira, Coles, Ourense, Boiro, Vilanova de Arousa, Boiro, Valga, O Grove, Cesuras, Coirós, Esteiro, Urdilde, Cesuras, Cambre, Coirós, Esteiro,Noia, Burela, Xove, Cervo, Viveiro, A Guardia, O Rosal, Meaño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Camariñas e Vimianzo.

O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que nos queira visitar. A comida de confaternidade será ás 13:30 horas na Parrillada Montevideo.