Vimianzo tamén decreta a suspensión do pago de taxas municipais e tributos

O Concello de Vimianzo tamén anuncia a suspensión do pago de taxas municipais e tributos que son de cobro directo pola administración. Queda suspendido o pago das taxas correspondentes aos servizos de madrugadores, gardaría infantil, mercadillo e ximnasio municipal. Ao non producirse o feito impoñible, os usuarios non están obrigados ao pagamento da parte proporcional da prestación do servizo, e no caso de ser cobrados con anterioridade, procederase á súa devolución proporcional.

Así mesmo, posponse o pagamento de aqueles tributos que son de cobro directo polo Concello: auga e SAF, ata a finalización do estado de alarma ou a súa prórroga; sen prexuízo, as medidas adoptadas pola Deputación Provincial da Coruña, respecto do resto de tributos ou taxas cuxo cobro está delegado na dita institución (contribución, IVTM, recollida de lixo, etc).