Vimianzo toma o ceo para reivindicar unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres

  • Tamén o IES celebrou un acto

A rapazada das Escolas Infantís de Carnés, Carantoña e Castromil, ademais do alumnado do CEIP Baíñas e do Obradoiro de Emprego, déronse cita a pasada mañá de venres 25 de novembro no Campo de Fútbol para levar a cabo unha exhibición de papaventos elaborados por elas e eles mesmos.

Baixo o lema ‘Ergue as ás pola túa liberdade’, a rapazada fixo unha exhibición de cometas conmemorando esta data tan sinalada.

Estiveron acompañados pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, María José Pose, quenes quixeron agradecer “a toda a comunidade educativa a implicación nesta actividade”.

Desde o Concello lembran que, para pechar o compendio de actos organizados pola Administración local de cara ao 25N, hoxe sábado se representará no Auditorio Municipal da Casa da Cultura, a peza teatral ‘Miss Docet’, da Compañía Eléctrica,
ás 20:30 horas.

Concentración en silencio do IES

Igualmente, o IES Terra De Soneira gardou un minuto de silencio detrás das letras da palabra NON que alumnado de 3° de ESO decorou con fotos de mulleres da comunidade educativa.