Vimianzo volve propoñer varios talleres de poda

Tralo éxito dos talleres organizados xusto antes de comezar a pandemia, e mentres camiñamos cara a normalidade, o Concello de Vimianzo vén de presentar unha nova fornada de talleres de poda. Serán dous grupos, con 20 prazas dispoñibles por grupo.

O primeiro curso celebrarase os sábados 5 e 12 de febreiro, en horario de 9:00 a 13:00 horas, e o segundo, os días 19 e 26 de febreiro, co mesmo horario. É imprescindible levar tesoira de poda e as inscricións poderán formalizarse no Rexistro Municipal, ou ben na liña telefónica habilitada 981 71 60 01.
Terán prioridade as persoas que quedaran na listaxe de agarda no curso anterior.

Novas relacionadas