Vimianzo xa prepara o seu Festival Solidario
03 de decembro de 2015 (13:21 h.)
Tralo éxito do ano pasado, o Concello de Vimianzo xa prepara o novo Festival Benéfico - Vimianzo Solidario para este Nadal 2015. A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá o domingo 27 de decembro a partir das 18:00h un acto para axudar a Cruz Vermella e Cáritas de Vimianzo.
Será un día no que se unan todo tecido asociativo vimiancés.
Recollida de alimentos
Ademais, Cáritas e a Cruz Vermella están promovendo unha recollida de alimentos non perecederos que se recollen nos seus locais emais nas parroquias, ata o 18 de decembro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).