Volven os dinamizadores concursos de Nadal a Vimianzo
Vai chegando o Nadal e os Concellos xa se poñen coas actividades típicas de dinamización. E os concursos xa son todo un clásico. Desta volta ficamos no Concello de Vimianzo, onde abren o prazo (ata o 20 de decembro ás 20:00h) para o Concurso de Creación de Árbores de Nadal, o IV Concurso de Postais de nadal, e o novidoso I Concurso Infantil de Conto Ilustrado.
O fallo do xurado darase a coñecer o 23 de decembro e a entrega de premios farase nun acto público ese mesmo día na Casa da Cultura. E as obras serán expostas na Sala de Exposicións Antón Mouzo desde o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, como outro reclamo navideño.
A gran novidade deste ano, o do Conto Ilustrado, está pensado para nen@s de entre 5 e 12 anos, e consistirá nun fermoso debuxo con 4 frases que conten unha historia sobre o Nadal vimiancés.
Xa son 6 as edicións do Concurso de Postais de Nadal, para nenos de entre 3 e 5 anos. Ademais, entre os debuxos premiados o Concello seleccionará a postal de Nadal que se empregará para o cartel de Nadal 2018.
Ademais, o terceiro concurso será o de Creación de Árbores de Nadal, aberto a todos os públicos, de xeito individual ou por grupos. Son árbores de creación propia e non valen árbores naturais nin artificiais. Neste caso haberá votación polo Facebook do Concello de Vimianzo, a través de onde o público poderá escoller a “Árbore máis popular no facebook” que recibirá un diploma acreditativo. As fotos subiranse á rede o xoves 21 de decembro e o prazo para votar rematará o sábado 23 ás 15 horas.
Fonte
- Concello de Vimianzo.