Zas e Vimianzo tamén celebran o Día de Rosalía cos escolares
23 de febreiro de 2018 (04:16 h.)
Xa vimos na #AxendaCostadaMorte que son varios os Concellos que celebran o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Unha data que non queren perder os Concellos de Zas e Vimianzo, que preparan actividades para escolares.
Día de Rosalía en Zas
Co obxectivo de achegarse á vida e obra de Rosalía de Castro dun xeito divertido e creativo, o Concello de Zas pon en marcha unha actividade que se desenvolverá o vindeiro martes, 27 de febreiro, nos distintos centros educativos do municipio. “Tecendo con Rosalía” é unha actividade de creación colectiva dirixida ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato e da que se encargará a compañía de teatro “Os Quinquilláns”. A sesión componse de tres partes. A primeira é o “Enfiado”, que consiste nunha charla sobre a figura de Rosalía de Castro. Na segunda fase da actividade, o “Entramado”, tanto alumnos como profesorado confeccionarán pequenas pezas poéticas e unhas breves perfomances. E por último chega a fase do “Tecido”, na que os participantes amosarán as súas pezas ao resto dos grupos que participen na actividade. Desta forma, o Concello de Zas – a través da súa Concellería de Cultura – quere conmemorar o día de Rosalía de Castro, que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. “Con esta actividade queremos non só achegar a figura dunha das escritoras galegas máis ilustres se non facelos partícipes dunha divertida sesión na que se converterán en poetas”, indica Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura de Zas.Día de Rosalía en Vimianzo
Os escolares serán tamén protagonistas dos obradoiros que organiza o Concello
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).