5 horas sen luz en Baio e outras incidencias da #BorrascaDomingos

Imaxe dun poste da luz caído por Louro

A #borrascaDomingos vén de deixar un regueiro de incidencias pola comarca, marcando rexisrtros verdadeiramente estremecedores, con refachos de vento de 132 km/h na estación da Gándara, en Vimianzo, e 128 en Malpica.

Entre as incidencias destacadas foi o corte de luz en varias zonas de Baio e a Piroga. Mesmo o Eroski quedou durante 5 horas sen luz pola caída dun poste da luz.