65 maiores sumérxense na aventura do saber da Universidade da Coruña Sénior na Costa

Rematou o prazo de inscrición no programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos da Costa da Morte que a Universidade Sénior da Universidade da Coruña organiza en colaboración co GDR “Costa da Morte”, e a entidade organizadora está máis que satisfeita: non só as 50 prazas ofertadas inicialmente senón que foi preciso aumentar as prazas a 65 para dar resposta á forte demanda recibida.

Son 46 mulleres e 19 homes, de entre 50 e 80 anos de idade das comarcas da Costa da Morte as que participarán nos meses abril e maio nas sesións formativas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña no Centro Sociocultural de Baio. Os alumnos e alumnas matriculadas proceden dos Concellos de A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Laxe, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

O vindeiro día 4 de abril terá lugar a inauguración deste Programa de Formación Universitaria, co que a Universidade Sénior achégase ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol, nos que preto dun milleiro de alumnos e alumnas cursan estudios na Universidade Sénior.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)