A ESMU Pepe Valiña celebrou o festival de fin de curso

Familia da Escola de Música Pepe Valiña de Baio

Tempos de clausuras. Xa vivimos os peches do curso das Escolas de Camariñas, Cee ou Carnota, e hoxe temos que irmos ata Baio.

Alí sacaron esta fermosa foto a familia da ESMU Pepe Valiña de Baio, coa profesora Tatiana Pankrátova do Festival, despois de demostar a toda a parroquia o moito que aprenderon e melloraron durante este ano.

Foron 40 rapaces e rapazas repartidos entre pianistas e o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña. Xunto a autores clásicos como Chopin, Mozart, Schuman ou Bach tamén se interpretaron pezas de Elvis Presley ou ragtimes de Scot Joplin.

Novas relacionadas