A ESMU Pepe Valiña celebrou o festival de fin de curso
08:07 30/06/17
Familia da Escola de Música Pepe Valiña de Baio
Tempos de clausuras. Xa vivimos os peches do curso das Escolas de Camariñas, Cee ou Carnota, e hoxe temos que irmos ata Baio.
Alí sacaron esta fermosa foto a familia da ESMU Pepe Valiña de Baio, coa profesora Tatiana Pankrátova do Festival, despois de demostar a toda a parroquia o moito que aprenderon e melloraron durante este ano.
Foron 40 rapaces e rapazas repartidos entre pianistas e o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña. Xunto a autores clásicos como Chopin, Mozart, Schuman ou Bach tamén se interpretaron pezas de Elvis Presley ou ragtimes de Scot Joplin.
Novas relacionadas
- Xuño 2017: A Esmu de Carnota puxo o broche de ouro ao curso enchendo o local da Pedramar.
- Xuño 2017: Novo cheo para o fin de curso da Escola de Música de Cee.
- Maio 2017: A Escola de Música de Camariñas pon o peche en olor de multitudes.
- Marzo 2017: O Conservartorio de Carballo estreita lazos coa Escola de Música de Oleiros.
- Decembro 2016: O Memorial Pepe Valiña abríu o Nadal da FABA.