Adro pon en marcha as súas escolas tradicionais

Actuacion das escolas de Adro nunha foliada

Despois de poñer en marcha a maquinaria social, tras 30 anos incansables, a nova directiva da Asociación Cultural Adro de Baio inicia as clases de baile e música tradicional.

Unhas clases que dan comezo este sábado, 3 de outubro, ás 12 horas, coa apertura das inscricións no auditorio de Baio para os cursos de gaita, pandeireta, acordeón e baile tradicional organizados pola Asociación Cultural Adro.

As actividades están dirixidas a todos os públicos, independentemente da súa idade e do seu nivel. Desta forma, un dos obxectivos deste ano é formar grupos de adultos que pretendan ben iniciarse na música ou no baile tradicional e tamén de recuperar antigos alumnos que queiran retomar as súas clases para poder participar nas foliadas.

Por outra parte, tamén se acaban de retomar as clases de guitarra, patinaxe artístico e bailes de salón. Os interesados en participar ainda están a tempo de sumarse aos grupos contactando cos profesores de cada actividade ou coa propia asociación.

A posta en marcha destas actividades marca o inicio dos traballos da nova xunta directiva elixida na asamblea do pasado sábado e liderada por Olga Mouro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)