Arranca a tempada de verán nas piscinas municipais de Zas e Baio
Despois da súa posta a punto, este domingo arranca a campaña de verán nas piscinas municipais de Zas e Baio.
O acceso ás intalacións é libre facendo un pago diario de 0,60€ ou co carné de usuario/a que xa se pode tramitar no Rexistro da Casa da Concello. O custe da inscrición para toda a tempada é de 9 euros para a rapazada de ata 14 anos e de 12 euros para os maiores de 14 anos. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores. Calquera destes trámites débense de realizar no Rexistro do Concello de Zas, en horario de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas.
Na páxina web do Concello de Zas e nas redes sociais municipais poderase consultar o calendario de apertura da piscina municipal de Zas e de Baio.
E ao igual que nos anos anteriores, durante os meses de xullo e agosto ofertaremos cursos de natación gratuítos para todas as idades. Pódese ampliar información ao respecto na Casa do Concello ou a través do número de teléfono 981 708 303.