Arrinca o "Maio, mes das letras” en Zas
Un ano máis, o Concello de Zas pon en marcha o programa cultural “Maio, mes das Letras” no que están incluídas propostas para todos os públicos, especialmente para a rapazada, que se desenvolverán ata finais de mes.
A programación arrincou esta fin de semana coas diferentes presentacións literarias e outras actividades na Praza Jorge Mira, de Baio, co gallo das campaña comercial “Baio ten as Letras”.
Animación á lectura
Os Ratiños de Lonxedetodo volven este mes ás nosas bibliotecas municipais para contarnos historias moi diverBdas e coas que animamos aos máis pequenos a adentrarse no mundo da lectura. Nesta ocasión traennos o seu espectáculo “Contos para andar o camiño”. Estas son as funcións:
- Axencia de Lectura de Baio: Luns, 12 de maio, ás 18:00 horas.
- Biblioteca Municipal de Zas: Martes, 13 de maio, ás 18:00 horas.
Música
O mércores, 14 de maio, levamos a música aos centros de ensino da man de Paco Nogueiras que nos ofrecerá o seu espectáculo “Brinca Vai!”.
- CPI de Zas: 10:00 horas.
- CEIP Labarta Pose: 12:45 horas
Uns días despois, o venres 16 de maio, “Garcia MC” ofrecerá un concerto dirixido ao alumnado da ESO e BACH. Será as 12:45 horas no IES Maximino Romero Lema, no marco da súa Semana Cultural.
Teatro
Durante todo o mes de maio continuará a VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose con funcións todos os sábados á noite. O 31 de maio realizaremos no Auditorio de Baio, as 18:00horas, a entrega de premios deste certame nun acto no que tamén actuarán os membros da Escola de Teatro de Adultos do Concello de Zas.
Danza
O proxecto Escora chega ao Concello o día 30 de maio con diversas actuacións encamiñadas a achegar a danza a todos os públicos.
- 12:45 horas: Obradoiro D’Elas no IES Maximino Romero Lema.
- 14:00 horas: Obradoiro D’Elas no CPI de Zas.
- 18:30 horas: Roteiro polo río ata a Carballeira de Baio.
- 20:00 horas: Espectáculo “Velaiquich amoorch” de D’Elas na Carballeira de Baio.
Homenaxe ás cantareiras
O sábado 24 de maio, rendirémoslle unha merecida homenaxe ás cantareiras coa actuación dos grupos de baile e música tradicional da Asociación Churía. Será ás 18:00 horas no Auditorio de Zas.
XVI Concurso de Marcapáxinas
Unha das actividades estrelas do programa “Maio, mes das Letras” é o concuso de marcapáxinas que xa vai pola súa 16ª edición. Este ano, as Letras Galegas están adicadas á Poesía Popular Oral; personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Este será o tema central deste certame dirixido ao alumnado dos diferentes centros de ensino do municipio.
Todos os marcapáxinas premiados uBlizaranse na Biblioteca Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do ano 2026. As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello de Zas.