Escora afianza a danza en 5 puntos da Costa da Morte

Segue afianzándose o programa Escora na Costa da Morte. Esta aposta por achegar a danza galega ás contornas rurais vai gañando peso na comarca, e co apoio da Deputación, segue dende 2022 visibilizanzo o traballo artístico das compañías de danza galegas, con accións de proximidade que presentan unha oportunidade de achegar a danza a espazos pouco habituais para esta disciplina artística. Un fermoso xeito de abrir a axenda de ocio da veciñanza da nosa comarca.
Este ano a iniciativa percorrerá ao longo deste mes de maio e o de xuño, as vias de Corcubión, Zas, Malpica, Muxía e Vimianzo. Podedes ver aquí o programa completo, pero debullamos aquí embaixo as propostas:
En Corcubión
Dúas xornadas en Corcubión abrirán o programa. O domingo 25 de maio, o singular espazo socionatural do Monte Cambeiro acollerá ás 17:00h, un Faladoiro sobre “Arte, territorio e ecoloxía: alianzas e desafíos da cultura co mundo rural”. Mediado por María Bella de Cooperativa Azul mais Verde, participarán artistas residentes como Mevadeus Fran Rodriguez Casal e asociacións da contorna como Asociación Boca de Sapo, Universidade Cromática, Farándula Velutina, Escola Municipal de Teatro, Asociación de Veciños San Pedro de A Redonda e o Distrito Forestal V de Vimianzo.
A xornada do 31 de maio comezará pola mañá na Casa da Cultura cun Obradoiro de movemento expresivo polos artistas en residencia, Brais Pombo e Fran Rodríguez á Compañía Farándula Velutina e a Escola Municipal de Teatro.
Pola noitiña, ás 21:30h, a Capela do Pilar acollerá a Mostra aberta do proceso de creación "Do outro lado" de Brais Pombo e Fran Rodríguez, artistas residentes esta edición.
En Zas
O venres 30 de maio a actividade desenvólvelse na Carballeira de Baio, onde a partir das 20:00h, terá lugar a obra “Velaiquich, amoorch!”do grupo D’elas.
Antes, pola mañá, realizarán dous obradoiros no IES Maximino Romero de Lema e no CIP de Zas, e tamén farán unha limpeza do río do Porto mentres pasean pola contorna do campo de fútbol Platas Reinoso.
En Malpica
As accións en Malpica concéntranse na xornada do domingo 1 de xuño. Comezará ás 10:30h cun obradoiro de danzaimpartirdo por Amparo Martínez para a Asociación Fogar dos Pensionistas San Adrián do Mar na Casa do Pescador. Ás 11:30h, o recoñecido Fran Sieira fará o propio para a rapazada das Raigañas nas Pozacas.
Para a sesión vermú, p aseo da praia acollerá o espectáculo “Ousar”, de Amparo Martínez. E ás 19:00h, no porto malpicán, o colectivo DeXeito e Adro de Baio traerán os seus espectáculos, o baiés dirixido por Fran Sieira e desenvolto durante o Escora 2024.
En Muxía
A vila da Barca recibe o proxecto a fin de semana de venres 6 e sábado 7 de xuño. O venres comeza cun Obradoiro no IES Ramón Cammaño. O sábado hai varios espectáculos. Ás 12:00h, Elsa Pereira realizará un obradoro de danza para a veciñanza; ás 18:30h, partirá da biblioteca municipal un roteiro coa artista, antes de realizar, ás 20:00h, unha intervencióin no Cabo da Vila. A noite pecaharase co concerto de Mourae, ao artista local Lois Búa.
En Vimianzo
As actuacións programadas en Vimianzo terán lugar en xuño. A primeira actividade será o día 6 ás 11:30 horas. Será un obradoiro de danza impartido por Noel Quintela ao alumnado de 3º da ESO do IES Terra de Soneira. Ese mesmo día, ás 20:30 horas, Quintela impartirá outro obradoiro de baile á Asociación Trubisquiña.
O domingo, 8 de xuño, terá lugar unha foliada aberta ao público no Castelo que contará coa actuación ‘Pensar a contratempo’, de Suevia Rojo, e ‘León’, de Noel Quintela. Esta é a mostra do proceso da residencia que realizará no concello. En caso de choiva esta actividade realizaríase na Casa da Cultura.