As Torres do Allo segue batendo marcas de visitantes por outono

As Visitas teatralizadas nas Torres do Allo son un dos grandes reclamos

A pesar do cambio de horario e de entrar xa en temporada baixa, as estatísticas de visitantes ás Torres do Allo volveron a bater tódalas marcas coñecidas ata agora. Desta volta, o tesouro patrimonial zaseiro viviu un incremento de visitas do 61.21% respecto do ano pasado, gracias á xestión do Concello e da aposta da Deputación polos tesouros patrimoniais.

Xa sexa en grupo organizado, actividades complementarias, visitas escolares, ou en visitas espontáneas, este mes de setembro foron 763 as persoas que se achegaron o pazo, para visitalo libremente ou para gozar das actividades complementarias que se celebraron durante o mes de setembro. Isto supón bater todos os rexistros coñecidos.

Ollando o perfil do visitante, as Torres do Allo atraen a público de tódalas procedencias e nacionalidades. Destacan sobre todo a afluencia de visitantes doutras Comunidades Autónomas ao redor do 47%, na que Madrid representa máis do 75% e a moita distancia se sitúan Cataluña, Andalucía e Castela e León. Algo máis do 27% dos visitantes veñen doutras partes de Galicia atraídos/as pola historia do pazo e a singularidade da súa arquitectura. Os visitantes da Costa da Morte suman algo máis do 20%.

Monografías

En marcha está o ciclo Monografías do Allo, un ciclo de conferencias que comeza o 14 de outubro ás 17:00h.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas