A Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira avalía o seu adeus definitivo
07 de outubro de 2025 (15:04 h.)
Leva tempo sen actividade a Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira, que no seu día foi promotora de grandes eventos como o Punto Rojo ou Baio ten a pelota.
Pero ante a necesidade de resolver con celeridade as cuestións legais e administrativas pendentes vinculadas ao inmoble, convoca unha asemblea extraordinaria urxente para decidir o seu peche definitivo e o traspaso do local ao Concello de Zas.
A cita será este mércores 8 de outubro ás 21:00 horas, no Local Sociocultural de Baio.
A actual directiva fai un chamamento a todas as persoas socias para que participen nesta asemblea, na que se tomarán decisións definitivas sobre o futuro da entidade.