Baio acolle un Curso para autónomos e desempregados sobre Habilidades para a Transformación Dixital
08 de xaneiro de 2026 (08:37 h.)
O Centro de Formación El Ábaco de Baio vai impartir a partir do 24 de xaneiro, en horario de 09:00 a 14:00, un novo curso formativo para autónomos e desempregados.
O curso de Habilidades para a Transformación Dixital, impartirase os sábados, cunha duración de 40 horas.
Poden contactar nos números 981 71 83 99 ou no 620 96 99 19.