Baio prepara o liño para o IX Encontro de Corais
14 de xuño de 2011 (09:05 h.)
A Coral que viste Liño, a baiesa Xan Mella, prepárase para o IX Encontro de Corais. A cita terá lugar este sábado 18 de xuño ás 21.00 horas na Igrexa nova de Baio. A organización, coma sempre, da man da A.M.C. Pepe Valiña.
Participarán as seguintes agrupacións polifónicas:
- Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro dirixida por Beatriz Navia Rodríguez.
- Coro de Entenza de Salceda de Caselas (Pontevedra) dirixido por Javier Alonso Pérez.
- Coral Endesa de As Pontes dirixida por Olga Vigo.
- Coral Xan Mella de Baio dirixida por Tatiana Pankrátova.
Novas relacionadas
- A Coral Xan Mella quenta para o Encontro de Corais de Muxía.
- A Coral que lle canta aos soños de California.
- A Coral que viste de liño .