Brandomil ten un novo guerreiro
22 de agosto de 2022 (08:35 h.)
O artesán da motoserra Marcos Mariño volveu por Brandomil para esculpir. en directo, unha nova peza de madeira. Desta volta, loce xa no singular espazo, un guerreiro romano, que realizou entre o venres e o domingo en clave de demostración aberta ao público que se foi achegando.