A Cabalgata de Zas percorrerá as parroquias o domingo e o luns

Seguimos repasando os percorridos das cabalgatas máis singulares do 5 de xaneiro. En Zas, se as condicións meteorolóxicas o permiten, os Reis Magos percorrerán o concello seguindo este itinerario con horarios aproximados, para levar ilusión a pequenos e maiores.

Os horarios son orientativos e poderán verse lixeiramente modificados segundo o desenvolvemento da xornada e o estado do tempo.

O Concello agradece a colaboración das Asociación Cultural Adro e da Asociación Castro Meda.