As Cantareiras serán as protagonistas do acto final do ciclo “Follas de Outono”

• Será este domingo a partir das 18:00 horas no Auditorio de Baio

Coincidindo co día do Patrimonio Cultural, este domingo chega á súa fin o ciclo literario e cultural “Follas de Outono”, organizado polo Concello de Zas. Será é o acto central do programa co que se pretende render unha merecida homenaxe á figura das Cantareiras, recoñecidas este ano do Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na preservación da nosa tradición oral e musical.

Baixo o título “Cantareiras: tradición e legado”, o encontro terá lugar este domingo ás 18:00 horas no Auditorio de Baio e nel misturaranse as conversas e a música coa pretensión de ofrecer un emotivo recoñecemento a todas as cantareiras do noso país, especialmente ás do noso municipio que foi e segue sendo un punto de referencia do folclore galego.

No acto participarán Fina Casalderrey, numeraria da Real Academia Galega; os grupos de pandereterias da Asociación Cultural Adro e as convidadas Clarisa Santos Amigo e Matilde Ferreiro Carballo; veciñas de Pudenza e dúas das moitas informantes do noso municipio. A xornalista Patricia Blanco, con orixes en Zas; e o mestre de música e baile tradicional Álex Ínsua, encanrgaranse de conducir o evento no que tamén contará coa presenza do Alcalde de Zas, Manuel Muiño.

“Follas de Outono”