Chega ao centro sociocultural de Zas a exposición "Fotoxornalismo Coruña 2015"

O centro sociocultural de Zas acolle dende hoxe e ata o vindeiro 12 de marzo a exposición "Fotoxornalismo Coruña 2015" grazas ao patricinio da Deputación da Coruña. A mostra recolle o traballo dos e das profesionais que traballan en distintos xornais, revistas, axencias e gabinetes de comunicación da cidade herculina. Está composta por 23 instantáneas que amosan o extraordinario nivel das imaxes. A exposición pode visitarse de luns a venres, de 10 a 14 horas. A entrada é de balde. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas