O club de lectura Baiolendo esquece o apagamento e goza da literatura tradicional
O día que todos lembrarán como o do “apagamento”, os membros do Club de lectura de Adultos Baiolendo, lembrarán o seu achegamento á literatura popular. A cerquedá Icía Varela brillou con luz propia no IES biés, e foi a gran protagonista na nova cita do
na recta final do VII Mes do Libro.
A partir da lectura de Cantareiras, da que Icía é coautora xunto co seu pai, Manuel Varela, dedicaron a sesión de onte a falar das Pandeireteiras de Mens, de Eva Castiñeira de Agrazón ( Muxía) e de Adolfina e Rosa Casás, de Vila da Igrexa (Cerceda), figuras
todas elas homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025.
Icía introduciu a charla comentando o interese que hoxe suscita a literatura popular fronte ao marxinada que estivo sempre nos plans de estudo universitario e non universitario. Tal é a importancia que se lle dá, que lles están achegando tanta información nova que xa teñen material para un segundo volume de Cantareiras.
Falou de como as Vellas de Mens, Prudencia, Teresa, Asunción, Manuela e Adela, rompendo os roles que se lle atribuían ás mulleres na sociedade da época, e mesmo tendo que aturar duras críticas e ser obxecto de burlas, viaxaron coa súa música por Europa e América.
Contou historias da alegre Eva Castiñeira que emigrou á Coruña e que a casualidade fixo que traballase como asistenta na casa dun dos socios da discográfica Ruada, na que recolleron o seu traballo nun disco e facilitaron que subira aos escenarios con Milladoiro. Explicou que as duras condicións nas que tiveron que vivir Adolfina e Rosas Casás non restou variedade nin orixinalidade ás súas coplas, que a musicóloga suíza Dorothé Schubarth recompilou no seu valiosísimo estudo da música popular galega evitando que se perdesen para sempre.
Os membros do club fixeron preguntas, compartiron reflexións, e tamén achegaron informacións das vivencias da comarca soneirá que unha vez máis enriqueceron a lectura. Para rematar Icía asinou exemplares e, mesmo deu uns toques a unha das fermosas pandeiretas que decoraban o espazo do encontro.