Completadas as obras de mellora nos accesos ao polígono do Allo dende Lamas

Visita institucional ao polígono do Allo

Obra rematada, visita institucional. Así foi a recepción da obra da reforma da estrada que dá acceso ao polígono industrial do Allo, en Zas, dende a rotonda da parroquia de Lamas. Unha etsrada que estaba nunha situación deficiente polo alto volume de tráfico que soporta, e que xa contan cunha capa de cinco centímetros de aglomerado en quente nun tramo de 1.714 metros cun ancho medio de 6,7 metros.

Foi o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, o que visitou a obra acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Isidoro Martínez, e polo alcalde, Manuel Muíño Espasandín. Unha obra que se executou por algo máis de 105.000 euros, dos que 84.000 euros foron investidos por unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da orde que permite mellorar a competitividade das compañías xa instaladas nos polígonos empresariais e contribuír ademais á atracción de novos investimentos con capacidade para xerar riqueza e emprego.

Fonte

  • Xunta.