Detido por subtraer 300 quilos de cable telefónico
27 de novembro de 2013 (11:41 h.)
A febre do cobre non para na zona. Axentes da Garda Civil de Camariñas e Vimianzo detiveron onte a un cidadán, de nacionalidade rumana, á altura do lugar de Brandomil (Zas) cando circulaba nunha furgoneta con algo máis de 300 quilos de cable de cobre, aparentemente subtraído na liña telefónica. O cable foi valorado en uns 12.000 euros e o detido foi posto a disposición xudicial.
Durante o último mes a Garda Civil mantén un operativo específico na comarca, por parte da Garda Civil, que se saldou coa detención doutras dúas persoas e a intervención de dúas furgonetas. Os axentes lograron recuperar ao redor duns 700 metros de cable.
Fonte
- Nota de prensa da GC.