Detido un home en Baio con 10 gramos de heroína

AxentesÁrea de Investigación da Garda Civil de Vimianzo en colaboración coa Patrulla de Seguridade Cidadá procederon na tarde de onte á detención dun varón de 51 anos pola comisión dun delito de Tráfico de Drogas.

Os axentes interceptaron en Baio a este individuo a bordo dunha furgoneta, na que localizaron ocultos no interior do vehículo 10 gramos de heroína. Por este motivo procedeuse á súa detención e notificáronse as dilixencias practicadas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Carballo.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).