O Dolmen da Arca da Piosa acolle unha nova noite de estrelas

Silueta de Jorge Mira na Noite astronómica na Arca da Piosa do ano pasado

O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na Costa da Morte. Esta actividade  ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’,  é unha proposta que une patrimonio arqueolóxico e divulgación científica a través dunha experiencia de observación astronómica nun dos espazos máis emblemáticos do municipio: o Dolmen da Arca da Piosa.