Mañá, ás 20 horas, terá lugar no auditorio de Baio o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato
É tempo de despedidas. E hoxe é o turno do alumnado de 2º de bacharelato do IES Maximino Romero de Lema de Baio. A partir das 20 horas, terá lugar no auditorio de Baio o acto de graduación no que ademais dos pertinentes discursos do equipo directivo, presidente da ANPA, alumnado, alcalde do concello de Zas e pais e nais, haberá diversas actuacións musicais por parte do alumnado e do profesorado. Ao remate profesores e alumnos compartirán unha cea de despedida no nun restaurante ubicado en Zas.
Esta promoción do 2017 será lembrada como “Os derradeiros papyrusfléxicos”, pola relación que tiveron no último ano de apertura do mítico bar-librería Papyrus, todo un “referente académico” para os alumnos de bacharelato dende a inauguración do instituto, no ano 1995, ata o 2016.
Novas relacionadas