Enfoques do Allo que que trascenden as redes sociais

Xurado, premiados co Alcalde e Concelleiro de Cultura.

Cando fas un concurso a través das redes sociais, é relativamente doado contabilizar o rendemento. Así o fixeron os responsables das Torres do Allo, despois do seu I Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”. As cifras son interesantes: Participasron un total de 54 persoas presentaron 291 fotografías; as publicacións relacionadas co concurso chegaron a un total de 26.353 persoas que interactuaron 61.493 veces cos contidos. 3.904 persoas entraron directamente nas publicacións do concurso a través da páxina web de Torres do Allo e clicaron 2.894 veces sobre elas. Ademais, as dez fotografías finalistas recibiron un total de 1.313 votos a través de Facebook e Instagram. En total, un impacto viral diario da propia páxina dunhas 71.612 persoas

Esta pasada fin de semana tivo lugar o acto de entrega aos gañadores no propio edificio histótico. Martiño Rivera Dourado, Yuri de Vargas e Conchi Retana recibiron os premios da man dos concelleiros zaseiros e do xurado.

  • As Torres do Allo acollen a entrega de premios do concurso de fotografía co móbil.
  • Máis información

    Novas relacionadas Fonte
    • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
    • Concello de Zas