Entregados os premios de fotografía das Torres do Allo

Goretti Fuentes coa Concelleira de Educación Pilar García

O concurso fotográfico “Enfoques do Allo” concluíuse esta fin de semana coa entrega de premios promovida pola Concellaría de Cultura do Concello de Zas ás autoras das fotos gañadoras. O xurado, composto por Fidel Otero, Alberto Villar, Xurxo Sánchez, Tania Carreira e Juan Fuentes seleccionaron as finalistas que foron sometidas unha votación popular nas redes sociais de Torres do Allo, no Facebook e no Instagram.

Como resultado desa votación popular a fotografía gañadora pertence a María de los Reyes Mora con 265 votos, levando o primeiro premio, 100€. O segundo premio con 75€, foi acadado por Valvanuz Coterillo Frías con 87 votos. Na terceira posición con 46 votos, a fotografía de Goretti Fuentes Montero quen gaña 50€. Ademáis do 4º premio coa súa segunda foto gañadora con 42 votos. E o quinto premio foille otorgado a Clara Sánchez Garrachón con 19 votos.