Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema recuperan os valores da parroquia de Zas pola rede

Zas polo miúdo tamén fala do retablo pétreo da Igrexa da Virxe do Carme-Foto-Evaristo Domínguez

Para cantas cousas serve a rede, e unha delas é a recuperación do noso patrimonio. Así o aproveita o Concello de Zas, coa súa proposta Zas polo miúdo, na que pon en valor os recursos de cada parroquia a través de internet.

A sección “Zas polo miúdo” da web municipal zaseira trae unha marea de información sobre a parroquia de Zas. Foron Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema Suárez os responsables desta documentación, que nos remonta ao 1820.

A web recupera datos da realidade demográfica, xeográfica e sobre a historia cultural e relixiosa. Ademais, recupera nomes como o de Severino Abelenda Graíño ou Manuel María Pose de Prado, de Vilar do Mato.

Tendes toda a info sobre a parroquia de Zas en Zas polo miúdo: Zas e mesmo podedes descargar un completísimo pdf.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas