Feirauto entrega os agasallos da campaña solidaria “Un coche, unha ilusión”

Ao acto de entrega asistiron os representantes dos talleres que forman o grupo Feirauto; o Presidente da Fecom, José Gabín; e o Alcalde de Zas, Manuel Muíño quen lles agradeceu aos empresarios este xesto tan solidario.
Os representantes dos talleres de Baio que forman o grupo Feirauto entregaron esta mañá os agallasos da tradicional campaña solidaria “Un coche, unha ilusión”. Esta é unha actividade que se fai en colaboración co departamento de Servizos Sociais municipal que se encarga de recoller as peticións entre as familias que máis o precisan así como de entregarlles os regalos.
Este ano predomina a roupa de cama e, como vén sendo habitual, todos os artigos foron adquiridos no comercio local.